sábado, 3 de enero de 2009

O vello

Na torre máis alta do castelo hai dous homes que falan cas estrelas. Crúzanse unha mirada, soríen e volven a vista ao ceo. O máis vello dillo ao outro:


- Non é o tempo pasado nin o seu cariz remoto. Non é a paixón exercida polo paso do tempo, non é tampouco que eu esqueza nin que olvide. Sonche da aldea. Sonche do monte ou de trasmonte, igual non teño tanta vida coma ti nin sei falar coas túas verbas mais coñezo ben o latexo do corazón. Non creo que sexa morriña do pretérito. Nin se quera penso que sexa o amor. Non teño claro o qué. Só sei que o outro día, votei a chorar rapaz. Chorei coma un meniño. Farteime de recoller bágoas ca xema dos meus dedos. Ao principio pensei que cansara de vivir, crin que morría afogado nos meus choros, de certo que pensei que me devoraba a angustia. Parei de chorar, e sentín no meu interior o clamor de cen mil persoas berrando por min, pedíndome de xeonllos que non rendise pleitesía á morte, que non fose víctima do meu pasado. Viñeronme os meus ancentros á mente, fixéronme unha visita de cortesía na que me empuxaban a ver con claridade o futuro que todavía me agardaba por diante. E é sabido que o galego prefire o malo coñecido que o bo por coñecer, así que a miña decisión tornouse bastante fácil.

Deus levoume a moita xente de Noso Señor. Deixoume fastidado máis dunha vez. Estiven a piques de morrer da pena pola teima que ten ese Bendito Espírito de levarse a todo o que se lle da por nacer, que egoísta é. Non o entendes meu fillo. Cómo o vas a entender. Levoume o amor da miña vida cando tiña 23 anos. Aínda choro con 73. Por iso morría o outro día ¿Cómo dis que se supera iso? Nin con medio século por diante.

O vello deixou correr pola súa faciana un regueiro de paixón. Unha bágoa á esperanza.

- Non chore meu pai. Hai mil vidas que lle quedan por vivir. Mil amores por coñecer e un fillo ao que querer. Non me amole e non se poña a chorar. Míreme aos ollos e díagme que non está orgulloso co que lle deparou a vida, dígamo porque aínda así non lle creerei. Deme unha aperta e deixe de por os seus ollos no que xa pasou, do que xa está morto. Viva a miña vida se é necesario porque non dubidarei en outorgarlla. Vello do demo, cale e soría. O mundo é pequeno de máis para vostede.

No hay comentarios: